Comeza a conta atrás para o V Trail Cova da Bruxa

24 Marzo 2026

O V Trail Cova da Bruxa, organizado polo Club Serres Runners coa colaboración do Concello de Muros, celebrarase esta próxima fin de semana (sábado 28 e domingo 29 de marzo).

“O Cova da Bruxa chega a esta quinta edición convertido xa nun dos trail de referencia en Galicia, con máis de 1.000 corremontes de todas as idades que desfrutarán do deporte e da natureza en Serres”, afirmou na presentación da proba a alcaldesa de Muros, María Lago.

“Desde o Pequetrail, que este ano será o sábado pola tarde, ao trail máis de duro de 26 quilómetros, o espectáculo está asegurado esta fin de semana”, asegurou, pola súa banda, o concelleiro de Deportes de Muros, Damián Torea, que convida “a toda a veciñanza a vir a Serres para pasalo ben e animar aos atletas”.

Tanto María Lago como Damián Torea puxeron en valor o traballo que fai o Club Serres Runners para a promoción do deporte durante todo o ano.

Na presentación de hoxe, estiveron Félix Rebollido (presidente de Serres Runners); Damián Torea; Paula Cernadas e Mónica Rodríguez, directivas do club; María Lago, e os directivos David Seijas e Ignacio Martínez.

O Concello quere agradecer tamén o traballo da Brigada de Obras Municipal, Protección Civil de Muros, GES, Garda Civil e Policía Local para que a proba sexa un éxito.

Modalidades

-Trail Largo 26 km 1600+ Domingo 29 de marzo

-Trail Corto 15 km 950+ Domingo 29 de marzo

-Minitrail 9 km 450+ Domingo 29 de marzo

-Andaina 9 km 450+ Domingo 29 de mazo

-Carreira Vertical 3,5 km 450 + Sábado 28 de marzo

-Probas escolares Sábado 28 de marzo

Inscricións en Deporticket.com.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.