Comeza a conta atrás para o inicio do III Ciclo de Monólogos de Porto do Son, con Oswaldo Digón, Jazmín Abuín, Celso Sanmartín e Xosé Antonio Touriñán

22 Marzo 2026

O vindeiro 4 de abril arrincará en Porto do Son a terceira edición do Ciclo de Monólogos que organiza a Área de Cultura municipal e que brindará á veciñanza catro espectáculos de primeira liña todos os martes do dito mes na Casa da Cultura de Porto do Son ás 21.00 horas.

A axenda dará comezo con Oswaldo Digón Alba o devandito 4 de abril, coa función Monólogo comedia.

O día 11 será a quenda de Jazmín Abuín Janeiro, co espectáculo Riquiña.

O 18 de abril o ciclo proseguirá con Celso Sanmartín e a proposta Contar.

O ciclo rematará co actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, achegando o seu espectáculo Aquí Tou!.

As entradas estarán á venda por catro euros (cada monólogo) na Casa da Cultura de Porto do Son de luns a venres de 8:30h a 15:00h e os sábados de función dende as 19:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.