Ceos moi nubrados e choivas matinais este sábado nas Rías Baixas e Santiago

13 Marzo 2026

O tempo deste sábado 14 virá marcado pola inestabilidade en boa parte de Galicia, especialmente nas zonas das Rías Baixas e na contorna de Santiago de Compostela, onde esperan ceos moi cubertos e precipitacións durante a primeira metade do día.

Segundo a previsión meteorolóxica, a comunidade quedará situada nunha zona intermedia entre altas e baixas presiones, con presenza aínda de aire frío en superficie. Esta situación favorecerá unha xornada marcada pola abundante nebulosidade e choivas que serán máis probables durante a mañá.

Nas Rías Baixas as precipitacións poderán ser persistentes a primeiras horas, mentres que en Santiago de Compostela e a súa área de influencia tamén esperan chuvascos matinais que tenderán a ir remitindo a medida que avance a tarde.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso con respecto a días anteriores, mantendo un ambiente fresco para esta época. En canto ao vento, soprará frouxo en xeral no interior, mentres que no litoral das Rías Baixas poderá rexistrarse con intervalos moderados.

Durante a mañá o vento procederá do oeste, aínda que a partir da tarde tenderá a virar a compoñente norte, o que favorecerá unha progresiva melloría das condicións meteorolóxicas ao final da xornada.

O domingo empezan a melloralas condicións climatolóxicas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.