Carlos Blanco estará en Rianxo o 22 de marzo co seu espectáculo “A penúltima”

20 Marzo 2026

O narrador e actor arousán Carlos Blanco (Vilagarcía, 1959) estará o 22 de marzo en Rianxo para achegar á veciñanza o seu espectáculo A penúltima. Será ás 18.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal. Trátase dun espectáculo duns 70 minutos de duración con entradas á venda a través de Ataquilla.com. Organizan Condetrespés coa colaboración do Concello de Rianxo.

Carlos Blanco presenta A Penúltima, un novo espectáculo no que volve combinar humor, memoria e unha ollada irónica sobre o paso do tempo. Imaxes, historias novas e outras xa coñecidas entrelázanse nun monólogo no que a risa está garantida.

Durante algo máis dunha hora, Carlos Blanco ofrece un espectáculo divertido, lúcido e, en certo modo, curativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...