BNG esixe ao Goberno reforzar os centros galegos do ISM con “máis persoal e máis medios”

31 Marzo 2026

O Bloque Nacionalista Galego vén de reclamar ao Goberno que reforce os centros do Instituto Social da Mariña (ISM) na Galiza fronte á implantación das unidades móbiles. O deputado nacionalista, Néstor Rego, advirte que estas unidades “non poden implicar a supresión dos centros, polo que urxe cubrir as vacantes e reforzar o cadro de persoal, así como dotar de medios suficientes os centros, para garantir a prestación do servizo”.

En opinión do deputado nacionalista “aínda que a creación destas unidades móbiles pode contribuír a mellorar o acceso en zonas sen servizo, non pode converterse nun argumento para continuar co progresivo desmantelamento dos centros físicos nin para evitar afrontar os problemas estruturais que arrastra o ISM na Galiza”. Neste sentido, advirte que esta realidade “non se resolve unicamente con unidades móbiles”, senón que require “un compromiso real co reforzo dos medios humanos e materiais”.

Rego sinala que “o Goberno debe informar de cantas unidades móbiles prevé adquirir, como serán distribuídas territorialmente e cantas estarán destinadas á Galiza”, engadindo que “deben ser un complemento e nunca unha substitución dos centros actuais nin un paso previo ao seu fechamento”.

O deputado nacionalista lembra que o BNG leva anos denunciando a falta de persoal médico, as deficiencias nas dotacións, a redución de horarios e mesmo o peche temporal de oficinas. Como exemplo, cita o caso da oficina do ISM de Camariñas, “que estivo semanas pechada pola falta de cobertura dunha praza, evidenciando a precariedade do servizo e a falta de planificación”.

Así mesmo, Rego reclama coñecer se o Goberno cumpriu co anunciado respecto á cobertura de vacantes e á incorporación de novo persoal sanitario marítimo en centros galegos —na Coruña, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Ferrol, Noia, Corcubión e Burela—, xa que “non se ten constancia de que estas medidas se fixesen efectivas”.

O BNG tamén pon o foco nas dificultades para acceder aos cursos obrigatorios de formación sanitaria marítima, imprescindíbeis para poder embarcar, denunciando que “as persoas traballadoras do mar non poden esperar meses para obter unha acreditación que condiciona directamente a súa actividade laboral”.

 “É imprescindíbel garantir unha atención adecuada, en tempo e forma, ás máis de 18.000 persoas afiliadas ao réxime especial do mar na Galiza” subliña Néstor Rego, quen insiste en que “o dereito a traballar no mar non pode depender da falta de medios da Administración”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.