Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

03 Marzo 2026

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal.

A hostalaría dos catro concellos foi a protagonistas da enogastronomía de Barbanza Arousa durante todas as fins de semana de novembro.

Obradoiros, degustacións, agasallos e sorteos puxeron en valor a enogastronomía de Barbanza Arousa entre público de todas as idades.

Nesta ocasión os establecementos premiados foron os seguintes:

A Pobra do Caramiñal

1º- La Calle

2º – Taberna dos Cuñados

3º – O Xanxo

Boiro

1º – La Tablita

2 – La UBI

3- Furia

Rianxo

1º – Aghro da Corna

2º – O Castelao

3º – O Vilar

Ribeira

1º – A Recoveira

2º – Échale Huevos

3º – Tapería A de Maris

Nesta edición foron 34 os locais participantes, que serviron máis de 6.500 tapas ao longo das catro fins de semana.

“Estas cifras”, informaron dende a Mancomunidade, “evidencian a relevancia do sector hostaleiro no desenvolvemento económico do territorio, cun impacto directo estimado superior aos 32.000 euros nos propios establecementos”.

O obxectivo da Mancomunidade é resaltar a riqueza gastronómica do territorio, así como os viños da IXP Barbanza e Iria, fomentando a actividade hostaleira en tempada baixa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.