As voluntarias de Lousame reclaman maior celeridade xudicial na defensa dos dereitos das mulleres

07 Marzo 2026

O Concello de Lousame celebrou este sábado unha mesa redonda titulada “A muller en Europa”, na que participaron voluntarias europeas, sénior e xuvenís do municipio e na que se puxo de manifesto a necesidade de maior rapidez da xustiza á hora de protexer os dereitos das mulleres, especialmente en casos de violencia de xénero.

A actividade, enmarcada na programación do Día Internacional da Muller, contou coa participación de once mulleres que simbolicamente ocuparon os postos dos concelleiros no salón de plenos. O alcalde, Esteban Ares, destacou durante a apertura que a imaxe representaba “o que podería chegar a ser unha corporación municipal formada integramente por mulleres”.

C.L,

Na mesa participaron voluntarias europeas como Ogsanna Yeritsyan e Zhenya Yordanova, así como integrantes do voluntariado xuvenil e sénior do municipio. Ambas compartiron as súas experiencias e os avances en materia de igualdade nos seus países, aínda que coincidiron en sinalar que moitas veces a resposta das autoridades xudiciais non chega a tempo ante situacións de violencia machista, o que pode debilitar a confianza das vítimas no sistema.

Unha reflexión que tamén compartiron as voluntarias locais, que subliñaron a importancia de actuar con rapidez para garantir a protección das mulleres. Pola súa banda, as participantes máis novas advertiron ademais dun repunte de actitudes machistas entre a mocidade, polo que reclamaron reforzar a educación en igualdade tanto nas escolas como no ámbito familiar.

Durante o encontro tamén se puxo en valor o papel do voluntariado no municipio, tanto no apoio ás persoas maiores que viven soas como na promoción de actividades sociais e culturais. A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, actuou ademais como tradutora para facilitar a participación das voluntarias internacionais.

A xornada completouse cun obradoiro de lactación materna impartido por Alicia Conde e coa inauguración da exposición “As Mulleres na Biblia”, cedida pola Fundación Museo de Artes de Ribeira e que poderá visitarse ata o 7 de maio na Casa da Cultura. A mostra inclúe 30 calcografías dos artistas flamencos Jan Collaert e Karel van Mallery.

A programación especial continuará este domingo coa representación teatral “Todas temos a mesma historia”, unha obra inspirada en textos de Dario Fo e Franca Rame que invita a reflexionar sobre a evolución da realidade das mulleres ao longo das últimas décadas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.