Ambar e o Concello de Porto do Son alíanse para formar a futuros profesionais da restauración

23 Marzo 2026

Na mañá deste luns 23 de marzo o Viveiro de Empresas do Concello de Porto do Son acolleu unha xuntanza entre o alumnado e docentes da Formación de Restaurante e Bar, impulsada por Ambar, asociación inclusiva do Barbanza, e a tenente de alcalde do Concello de Porto do Son, María José Maroñas.

Durante o evento tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral, e Jessica Estévez, técnica de emprego de Ambar. Nesta xornada, o alumnado e o seu formador, Pablo Pouso, compartiron a súa motivación e a ilusión por este novo curso no que se formarán para realizar funcións de auxiliar de camareiro/a, axudante de bar, auxiliar de colectividades e empregados/as de establecementos de restauración.

Esta formación está co-financiada pola Fundación ONCE e polo Fondo Social Europeo (FSE) a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social (PIN) – Ano 2025-2026.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.