AGADEA leva a Padrón o “Árbore das lembranzas” nesta Pascua

27 Marzo 2026

AGADEA Alzhéimer pon en marcha, en colaboración co Concello de Padrón, unha campaña participativa con motivo da Pascua, co obxectivo de poñer en valor a memoria e os recordos compartidos.

Entre o venres 27 e o luns 30 de marzo, desenvolverase a iniciativa Árbore das lembranzas, unha proposta aberta á participación da veciñanza e das persoas visitantes.

A través dos comercios colaboradores, repartiranse tarxetas nas que quen queira poderá escribir unha lembranza especial. Ademais, os establecementos contarán cun pequeno cartel informativo para dar visibilidade á campaña.

Posteriormente, todos os recordos recollidos serán colocados nunha árbore simbólica situada na entrada do centro de Iría Flavia, elaborada polas propias persoas usuarias, creando así un espazo compartido arredor da memoria.

Con esta acción, AGADEA busca conectar coa comunidade durante estas datas tan sinaladas, promovendo a reflexión, a participación e o valor das lembranzas como parte esencial da vida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.