Abertas as inscricións para a Andaina Panorámica de Porto do Son, o 28 de marzo

18 Marzo 2026

O Concello de Porto do Son informou da apertura de prazo para inscribirnos na Andaina Panorámica que se vai celebrar o vindeiro 28 de marzo, o sábado que dá inicio ás celebracións da Semana Santa 2026. O plan é o seguinte: ás 9.00 horas sairá o autobús dende a praza do Curro de Portosín ata os Chans de Raña, dende onde as persoas participantes partirán para realizar un percorrido de quince quilómetros co que gozar “dunhas vistas panorámicas de gran beleza ata regresar de novo a Portosín”, informou o Concello.

As persoas que desexen participar pódense inscribir mandando un correo electrónico a osoncamina@gmail.com ou no teléfono 981 767 589, indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono.



Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.