A Xunta confirma que a futura residencia de maiores de Ribeira terá 120 prazas, un 20% máis do previsto

19 Marzo 2026

A nova residencia pública para persoas maiores de Ribeira disporá dun total de 120 prazas, un 20% máis das previstas no proxecto inicial. Así o confirmou este xoves 19 de marzo a Xunta de Galicia, sinalando que o Goberno autonómico traballa nestes momentos na redacción das bases técnicas para poder licitar canto antes a redacción do proxecto para a construción deste equipamento, que dará servizo ás familias de Ribeira e dos concellos veciños do Barbanza.

Pola súa parte, o Concello ribeirense está xa a elaborar o convenio de cesión á Xunta dos terreos nos que se levantará o futuro centro residencial: unha parcela de propiedade municipal situada no lugar de Cruxeiras, que, segundo confirmou a Consellería de Política Social, “cumpre con todos os requisitos para levar a cabo esta actuación comprometida polo Goberno galego”.

A parcela seleccionada conta con zonas verdes e está próxima ao parque de San Roque, un dos pulmóns verdes de Ribeira. Trátase dunha zona ben comunicada, próxima ao núcleo urbano e con vistas ao mar.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.