A Xunta confirma o seu apoio á edición deste ano da Festa da Xouba de Rianxo

25 Marzo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este mércores 25 de marzo co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e confirmou o apoio do Goberno galego, unha vez máis, da edición deste ano da Festa da Xouba, que será a finais de xullo. Durante o encontro, destacaron a importancia de manter a estreita colaboración institucional que se vén desenvolvendo durante os últimos anos para impulsar, organizar e consolidar eventos gastronómicos coma este, que pon en valor os produtos locais relacionados co mar.

Villaverde reiterou “o compromiso da Consellería coa promoción dos produtos marítimo-pesqueiros de calidade de Galicia” e sinalou que “citas de exaltación como a de Rianxo son un escaparate fundamental e necesario para achegar á cidadanía o traballo e o esforzo diario dos profesionais do mar galego”.

Ademais, aproveitou para pór en valor as características únicas da xouba de Rianxo e a importancia do seu gran sinal de identidade: o selo de calidade Xouba de Rianxo, Pesca Artesanal, Arte do Xeito. Tal e como se subliñou no encontro, este recurso, capturado mediante artes tradicionais e respectuosas co medio mariño, “é hoxe un referente de sustentabilidade grazas ao traballo de toda a cadea de valor do sector”.

Na xuntanza tamén se abordaron outros temas de interese para esta localidade costeira, como a cesión da parcela contigua ao auditorio municipal que a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, realizará ao concello rianxeiro. Trátase dunha parcela de máis de 6.000 metros cadrados que, a día de hoxe, non rexistra actividade portuaria e foi solicitada polo Concello. Portos de Galicia facilitará este uso en aras do beneficio veciñal, concretamente como aparcadoiro público, sen prexuízo de poder recuperala para o uso portuario no momento en que se presente unha proposta de actuación neste espazo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.