A Xunta confirma a parcela de Cruxeiras para a futura residencia pública de maiores de Ribeira

11 Marzo 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta semana a parcela de Cruxeiras preto do parque periurbano de San Roque. onde a Xunta ten previsto construír a nova residencia pública de maiores de Ribeira. No percorrido tamén participaron a alcaldesa, María Sampedro, e un técnico municipal, quen supervisaron a idoneidade dos terreos e comprobaron que cumpren cos requisitos necesarios para acoller o proxecto comprometido polo Goberno galego.

O terreo, de titularidade municipal, será cedido á Administración autonómica mediante un convenio que se formalizará nos vindeiros días. Con esta cesión, o Concello de Ribeira e a Xunta dan un novo paso cara á materialización dun servizo que busca reforzar a atención ás persoas maiores na comarca do Barbanza.

Desde hoxe, a Consellería comezará a redactar as bases técnicas necesarias para licitar o deseño do proxecto, co obxectivo de acelerar os prazos e iniciar canto antes as obras. O Executivo autonómico subliña que con esta actuación cumpre o compromiso asumido con Ribeira de dotar o municipio dunha residencia pública moderna e integrada no entorno.

A parcela escollida conta con amplas zonas verdes e atópase preto do parque de San Roque, un dos espazos naturais máis emblemáticos da cidade. Tamén dispón dunha boa comunicación co núcleo urbano e ofrece vistas ao mar, un valor engadido para o futuro centro residencial.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.