A Xunta acorda coas confrarías un novo baremo para acceder ao marisqueo a pé en Galicia

17 Marzo 2026

A Consellería do Mar acordou coas tres federacións provinciais de confrarías de pescadores e coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores o novo baremo que rexerá a valoración das solicitudes para obter o permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé.

O obxectivo deste sistema, que actualiza o anterior, é garantir un procedemento transparente e obxectivo baseado en criterios profesionais, sociais e formativos, permitindo ordenar as solicitudes en función dos méritos das persoas aspirantes.

Con esta medida, a Xunta dá resposta a unha demanda histórica das confrarías, reforzando a colaboración co sector e facilitando o acceso á actividade marisqueira, especialmente a persoas en situación de desemprego e con formación específica. A iniciativa busca tamén favorecer a remuda xeracional e contribuír á xestión sustentable dos recursos mariños. Na actualidade, Galicia conta con 2.967 permisos de explotación a pé, dos que o 90 % corresponden a mulleres.

Criterios de valoración

O acordo foi acadado por consenso nunha reunión na que participaron a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, e as directoras territoriais de Mar da Coruña e Vigo, María Cancelo e Elena Suárez, respectivamente.

O baremo establece como primeiro criterio a situación como demandante de emprego, que deberá acreditarse durante un período mínimo de seis meses inmediatamente anteriores á convocatoria, xa sexa como solicitante ou como demandante de mellora.

En segundo lugar, valorarase a formación e cualificación das persoas aspirantes, incluíndo tanto a titulación académica como as actividades formativas e habilidades profesionais relacionadas co sector.

Entre as materias que se terán en conta figuran a xestión sustentable dos recursos mariños, os ecosistemas mariños e a economía azul, o marisqueo e a acuicultura, a organización do sector, a lexislación pesqueira, o emprendemento, a comercialización de produtos, a seguridade alimentaria, a prevención de riscos ou as habilidades sociais e de xestión.

Tamén se valorarán especificamente as competencias profesionais vinculadas ao marisqueo.

Ademais, o baremo terá en conta o empadroamento das persoas solicitantes en concellos do ámbito das confrarías ou entidades titulares do plan de xestión correspondente, así como en municipios costeiros limítrofes.

Este sistema permitirá acceder á actividade extractiva tanto nas zonas de libre marisqueo como nas áreas sometidas a autorización, de acordo coa normativa vixente.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.