A XIV Velada de Boxeo Cidade de Ribeira contará con oito combates que se disputarán no 28 de marzo

20 Marzo 2026

A Concellería de Deportes colabora coa Escola de Boxeo El Canario na XIV Velada de Boxeo Cidade de Ribeira que terá lugar no sábado, 28 de marzo, a partir das 18.00 horas, no Pavillón Deportivo Alcalde Torres Colomer, en Palmeira. O evento componse dun total de oito combates. No profesional
enfrontaranse Juan Carlos Areal Alonso e Ayrton Luz; no neoprofesional, Silvia Alonso contra Carla Rodríguez; e nos seis amateur estarán Lucas Crujeiras, Fran Gómez, Juan Antonio Núñez, Mauro Enguix, Victor Verdudo e Marcos Lomba fronte a Yago Fernández, Gabriel Reis, Hugo Martínez, Rubén Pérez, Yago Gutiérrez e Andrés Docampo, respectivamente.

Segundo manifestou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, esta “é unha proba máis que consolidada en Ribeira e que medra cada ano. Haberá, ademais, un combate profesional; algo inédito.” Neste senso, o edil enxalzou o dinamismo deportivo do municipio, tanto polo volume de clubs coma de actividades. “É un orgullo que Ribeira siga nutríndose en todo tipo de deportes”, apuntou.

En representación da entidade deportiva, Israel Benítez puxo en valor o traballo da Escola de Boxeo El Canario, nomeadamente dos seus deportistas Lucas Crujeiras, Fran Gómez, José Antonio Núñez e Mauro Enguix, quen estarán combatendo e participaron tamén no acto de presentación. A entradas poderán adquirirse a un prezo de 10 euros no propio día no referido pavillón deportivo.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.