A VIII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira disputarase no 8 de marzo

04 Marzo 2026

Os bateis vogarán nas augas do municipio coa VIII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, tanto masculina coma feminina, que organiza o Club de Remo coa colaboración da Administración local. A regata será o 8 de marzo, a partir das 10.30 horas, e contará coa participación dun cento de embarcacións de preto dunha vintena de clubs da zona norte da Liga Galega de Bateis. O campo de regatas situarase entre o faro Laghareu e o porto comercial, debendo completar a distancia correspondente por categoría, que vai dende os 500 metros da alevín ata os 2.000 metros da absoluta.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, manifestou que esta cita co remo reforza o vínculo de Ribeira co mar a través do deporte. O edil aproveitou a ocasión para indicar que “continuamos avanzando na construción do Centro de Deportes Náuticos para que, en vindeiras datas, os nosos deportistas conten cunhas óptimas instalacións para o desenvolvemento da súa actividade. Dende o Concello de Ribeira estaremos sempre ao seu carón”.

Vidal quixo tamén remarcar a importancia deste tipo de eventos no dinamismo económico e social do municipio ao achegarse xente doutros lugares que pasan o día na localidade.

Tamén se pronunciou o presidente da entidade, Suso Silva, quen manifestou que intentarán estar no podio das distintas categorías. Os dous equipos, feminino e masculino, que acaden unha maior puntuación serán os que fagan ondear as bandeiras, ademais de facerlles entrega de medallas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.