A Secretaría Xeral da Lingua vaise de xira polos concellos para conmemorar a Begoña Caamaño con “As mil e unha” (con visitas Noia, Ribeira e O Son)

24 Marzo 2026

A Secretaría Xeral da Lingua percorrerá 18 concellos galegos cun programa específico (a xira do espectáculo As mil e unha) para escolares enfocado na celebración das Letras Galegas. Así o deu a coñecer os días pasados o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen precisou que esta proposta cultural, impulsada ao abeiro do programa FalaRedes, centrarase na figura da autora homenaxeada na edición de este ano: Begoña Caamaño.

Acompañado pola narradora oral Vero Rilo, quen protagoniza este espectáculo xunto co músico Luis Iglesias, o secretario xeral precisou que e As mil e unha “forma parte da variada e extensa programación de FalaRedes 2026” que se dará a coñecer nos vindeiros días, “e que se avanza con esta iniciativa en concreto centrada en Begoña Caamaño”. Deste xeito, tal e como explicou Valentín García a iniciativa afonda dun “xeito divertido e ameno” no universo literario de Begoña Caamaño “para achegar á cativada maior de 4 anos a importancia das Letras Galegas e de celebrar a nosa cultura e a nosa lingua”.

O percorrido de As mil e unha iniciarase o 18 de abril no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar, no auditorio do Centro do Día, ás 18,30 horas. Ao día seguinte, levarase a cabo na mesma provincia, no concello de Ribadavia, na igrexa da Madalena, ás 17,30 horas.

No mes de maio, o espectáculo chegará ao Auditorio municipal da localidade lucense de Mondoñedo, o sábado 2,  ás 12, 20  horas; o xoves 7, estará no espazo Apego, de Santiago de Compostela, ás 18,00 horas, mentres que o venres 8, celebrarase no Casino do concello coruñés de Noia, ás 18,00. Ao día seguinte, recalará no Centro Cultural Lustres Rivas, no municipio coruñés de Ribeira, ás 12,00 horas, para pechar o percorrido da fin de semana, o domingo 10, na Casa da Cultura, da vila coruñesa de Porto do Son, ás 18,00 horas.

As mil e unha retomará o seu circuíto o xoves 14, no Auditorio do municipio ourensá de Verín, ás 12,30 horas. Nesa mesma xornada, celebrarase unha sesión pola tarde, ás 19,00 horas, no Teatro Principal do municipio pontevedrés da Estrada.

Á seguinte fin de semana, o espectáculo chegará o venres 22, á Biblioteca de Melide, ás 17,30 horas. Ao día seguinte, continuará cunha actuación na praza da Igrexa de Lalín, ás 12,30 horas, para desprazarse pola tarde, ás 19,00 horas ao Auditorio Emilia Pardo Bazán, do municipio pontevedrés de Sanxenxo. Xa o domingo, a cativada poderá gozar desta proposta na Escola Habanera do concello lucense de Guitiriz, ás 19,00 horas.

A última fin de semana de maio desenvolverase esta iniciativa, o venres 19, na Casa da Cultura, da localidade ourensá de Viana do Bolo, ás 18,00 horas. Seguirá o circuíto pola provincia de Pontevedra, achegándose ao Auditorio de Nigrán, o sábado 30, ás 19,00h. Para rematar este mes en Lugo, no edificio Multiúsos de Monforte de Lemos, ás 18,00 horas. En xuño porase punto e ao percorrido deste espectáculo cunha última sesión no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, Ames, o sábado 6, ás 17,00 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.