A primeira sesión do obradoiro de lactación materna do Concello de Lousame colga o cartel de completo

10 Marzo 2026

A Casa da Cultura de Lousame acolleu esta pasada fin de semana a primeira sesión do obradoiro de lactación materna, organizado polo Concello de Lousame dentro do seu plan de fomento da natalidade Nacín en Lousame, un orgullo que se debe coidar e impartido por Alicia Conde, asesora de lactación. Unha primeira sesión que cubriu a vinte prazas dispoñíbeis, se ben dende o Concello aclaran que a iniciativa está aberta a calquera veciña empadroada en Lousame que queira sumarse a ela.

“Queremos que esas nais que opten pola lactación materna se sintan acompañadas e poidan resolver calquera dúbida que lles xurda, tanto durante o embarazo como acompañándoas durante os primeiros meses de vida da crianza”, explicou o alcalde, Esteban Ares, durante a presentación do obradoiro xunto a Alicia Conde: un taller de máis de dúas horas de duración no que Conde fixo un achegamento xeral ao mundo da lactación, salientando cuestións como a importancia dos primeiros días, como saber se o pequeno come o suficiente, que problemas adoitan xurdir durante este período e como actuar…

“A lactación pode dar medo, porque non ves o que come o bebé e tes medo de que pase fame. Pero comprar unha báscula e pesalo cada pouco non é unha solución. Hai outros sinais que poden calmar á muller e confirmar que todo vai ben”, explicou Alicia Conde, quen apunta que “hai que revisar todo: boca, lingua, succión, transferencia de leite, historia clínica da nai…”, un punto no que salienta a importancia de contar co asesoramento dun profesional como o que teñen á súa disposición as nais e futuras nais de Lousame.

Estes obradoiros gratuítos complementaranse con acompañamentos personalizados de Alicia Conde a aquelas familias que o precisen para resolver calquera dificultade que poida xurdir. “A lactación ten múltiples beneficios a nivel de saúde da mamá e do bebé, pero non serven de nada se a nai non está ben, non desfruta das tomas e non desfruta do seu bebé. Por iso son tan importantes este tipo de obradoiros, para ter alguén que as acompañe nos inicios porque ás veces será a nai que precise dalgo pero outras será o bebé”, apunta Conde.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.