A Policía Local de Rianxo investiga a dous supostos estafadores que visitaban á veciñanza pedindo doazóns

30 Marzo 2026

A Policía Local de Rianxo investiga a dous varóns como presuntos autores dun delito de estafa leve e falsificación documental. Os implicados foron localizados o pasado día 24 de marzo no lugar da Igrexa – Taragoña, despois de recibirse aviso dunha veciña que indicaba que estas persoas percorrían as vivendas solicitando donativos porta a porta e que puidera estar implicados nun furto acontecido días antes.

No momento da identificación destas persoas, os axentes comprobaron que portaban documentación acreditativa presuntamente falsa dunha asociación benéfica, procedendo a intervirlles material publicitario e documentos relacionados coa suposta entidade, así como tamén dúas navallas.

A Policía agradeceu a colaboración cidadá e solicita que ante calquera sospeita por feitos que puideran ser similares, sexan adoptadas medidas de precaución como verificar a identificación oficial, contactar coa institución ou empresa que din representar, ou avisar ás autoridades de forma inmediata.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.