A pianista boirense Elsa Muñiz inaugura o Programa de Primavera 2026 de Rianxo

20 Marzo 2026

A Área de Cultura do Concello de Rianxo informou do inminente inicio do Programa de Primavera 2026, que arrinca o vindeiro 27 de marzo cun concerto da pianista boirense Elsa Muñiz. Este concerto será ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes (teatro), do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.

O Ciclo de Primavera vén ser unha novidade dentro da oferta cultural que desenvolve o Concello de Rianxo. Nace coa intención de “promover e difundir a música de expresión culta entre aquelas persoas pouco inclinadas ou coñecedoras do xénero, contribuíndo ademais á educación cultural e á ocupación valiosa do tempo de lecer dos veciños e veciñas de Rianxo e do público en xeral”.

A pianista e compositora boirense Elsa Muñiz está a presentar estes días con diferentes concertos o seu novo álbum, o libro-disco New Beginnings, un álbum profundamente persoal que inaugura unha nova etapa na vida e na carreira artística da pianistas do Barbanza. Segundo lembra ela mesma, este libro-disco enmárcase dentro da súa proposta de pianotelling, un concepto propio co que combina a música de piano co relato emocional de experiencias reais, transformando vivencias persoais en pezas sonoras cargadas de significado.

New Beginnings, o libro-disco de Elsa Muñiz, está dispoñíbel en plataformas dixitais e en formato físico na web da propia compositora.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.