O 8 de abril a Oficina Móbil Retorno estará en Rianxo, en horario de 9:00 a 14:00 horas na céntrica praza Castelao. Trátase dun servizo itinerante de atención ás persoas retornadas ás que se lles ofrece asesoramento e apoio personalizado. Para tirar proveito dos servizos que ofrece resulta imprescindíbel solicitar cita previa no 900 102 380. Entre os servizos que se prestan inclúense: trámites administrativos antes e despois do retorno; prestacións, subvencións e axudas; asistencia sanitaria; vivenda e formación; e orientación laboral e emprego.
A Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, vén da man da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Este servizo é como recurso innovador destinado a facilitar o retorno e a integración dos galegos que regresan a súa terra tras residir no estranxeiro. A oficina móbil ofrece atención personalizada e apoio para atender as necesidades específicas das persoas retornadas e das súas familias.
Ao longo dos vindeiros meses, esta oficina itinerante percorrerá diversos concellos de Galicia, levando os seus servizos tanto ás áreas rurais como periurbanas. A súa mobilidade permite garantir que todas as persoas retornadas teñan acceso directo á información e ó asesoramento necesarios para un regreso exitoso, con independencia da súa localización xeográfica.





