A mostra “Luz e compromiso” que rende homenaxe a Isaac Díaz Pardo poderá verse no Casino de Noia até o 10 de abril

16 Marzo 2026

O Concello de Noia acolleu este venres 13 de marzo o acto de inauguración da exposición Isaac Díaz Pardo: Luz e compromiso, unha mostra que pon en valor a figura dun dos grandes referentes da cultura galega, Isaac Díaz Pardo.

A inauguración (no Edificio Casino de Noia) contou coa participación de Chelo Martínez, concelleira de Cultura, e de Maka Arca, curadora da exposición, quen convidou ás persoas asistentes a percorrer a mostra e descubrir, a través das súas explicacións, a relevancia de Isaac Díaz Pardo na historia cultural de Galicia.

A mostra poderase ver até o 10 de abril, de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 horas.

A mostra reúne paneis que percorren a vida e a traxectoria de Isaac Díaz Pardo, creador de Sargadelos, desde o seu nacemento ata a súa morte, achegando ao público unha visión completa do seu importante e inxente legado artístico, cultural e intelectual.
A exposición está comisariada pola profesora Maka Arca, coa colaboración da profesora Ana M. Mosquera.

Isaac Díaz Pardo (1920-2012) é unha figura clave para entendermos a cultura galega contemporánea. Marcado pola morte do seu pai a mans dos sublevados no ano 1936 e pola súa relación cos galegos exiliados en América, dedicou toda a súa vida á recuperación da memoria en Galicia a través das súas empresas.

Isaac Díaz Pardo nace en Santiago de Compostela o 22 de agosto do 1920 e morre na Coruña o 5 de xaneiro do 2011. Fillo de Camilo Díaz Baliño, famoso escenógrafo, pintor e cartelista, o obradoiro de seu pai foi lugar de reunión por onde pasaron tres xeracións de políticos, intelectuais e artistas, entre eles Castelao e Luis Seoane.

Isaac Díaz Pardo foi empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.