A mostra “Castelao grafista” de Abanca poderá visitarse no Auditorio de Rianxo ata o 1 de abril

11 Marzo 2026

Estes días podemos visitar en Rianxo, no Auditorio Municipal, a exposición Castelao grafista (facsímile) de Afundación (Abanca).🖌️A mostra reúne fondos procedentes das coleccións Abanca e Afundación, producida pola Fundación Torrente Ballester e incluída no programa Corrente cultural, desenvolvida en colaboración coa entidade financeira e os diferentes concellos galegos.

O obxectivo de Abanca é dar continuidade á homenaxe a “un home imprescindíbel na cultura e política galegas do século XX cadrando coa conmemoración do 140 aniversario do seu nacemento”. Ademais, búscase seguir promovendo o coñecemento e o estudo dun home e dun tempo decisivos para o devir da Galicia contemporánea.

A exposición permanecerá aberta ata o 1 de abril na sala de exposicións do propio centro sociocultural, en horario os luns de 10.00 a 14.00 h, e de martes a sábado de 11.00 a 13.00 e de 17. 00 a 20.00 h. 

Como complemento a esta mostra, e co obxectivo de promover a educación e o coñecemento a través da cultura, a Obra Social de Abanca desenvolveu un exhaustivo e atractivo programa didáctico deseñado para o alumnado a partir de 4.º de primaria asentado en dúas partes: unha visita comentada e unha proposta artística e de STEAM no obradoiro.

Enmarcada tamén na iniciativa Cultura por alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais, a entidade convida aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar esta exposición.

A mostra, que conta coa facsímiles de pezas procedentes das coleccións de arte de Abanca e Afundación así como doutras coleccións privadas e públicas, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración.

Segundo relata a entidade financeira, o interese de Castelao pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbums de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

Outros artigos

Noia recordou a Maxi Olariaga coincidindo coas Xornadas da II República

O Concello de Noia, no marco do seu compromiso coa recuperación e difusión da nosa historia democrática, organizou este mes de abril unhas xornadas dedicadas á II República que incluíron, entre outras actividades de interese, unha homenaxe a Maxi Olariaga, falecido en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Deixen tranquila a Cuba, carajo!” – Antón Luaces

“Deixen tranquila a Cuba, carajo!” – Antón Luaces

Lembro unha viaxe inesquecible a Cuba que conservo coma unha experiencia que calquera galego debera vivir  para, en boa medida, entender os sentimentos xerados nos nosos devanceiros polo que a illa caribeña chegou a significar tanto para eles na súa condición de...

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

“A primeira reitora”. Luís Celeiro

A Universidade de Santiago de Compostela está situada entre as mellores, segundo os rankinsmundiais de máis prestixio, aqueles que avalían todas as potencialidades e as capacidades dasinstitucións universitarias e de ensino superior. En Galicia, nesta esquina ou xa no...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.