A gala do Atletismo Galego 2025 reúne en Santiago aos máis destacados do ano deportivo

29 Marzo 2026

A entrega dos premios aos mellores atletas galegos do ano, que recaeron en Ana Peleteiro e Adrián Ben.

A Gala Anual do Atletismo Galego celebrouse este venres en Santiago de Compostela, nun acto que congregou a deportistas, adestradores, clubs, xuíces e representantes institucionais co obxectivo de recoñecer os éxitos acadados ao longo de 2025.

O evento foi inaugurado polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, quen destacou o esforzo e compromiso de todo o colectivo atlético galego.

Durante a gala puxéronse en valor os logros das seleccións galegas nas súas distintas categorías, así como os resultados dos medallistas en campionatos de España, os novos récords galegos absolutos e o traballo desenvolvido por clubs, adestradores e xuíces ao longo da tempada.

A velada contou tamén cun momento especialmente emotivo, no que se rendeu homenaxe ás persoas vinculadas ao atletismo galego falecidas no último ano, nun xesto que evidenciou a unión e os valores desta comunidade deportiva.

O punto culminante chegou coa entrega dos premios aos mellores atletas galegos do ano, que recaeron en Ana Peleteiro e Adrián Ben, en recoñecemento ás súas destacadas traxectorias e resultados.

O acto foi clausurado polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Roberto Fernández, quen subliñou o papel do deporte como motor de cohesión social e exemplo de superación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.