A Deputación promociona o turismo industrial e o patrimonio enogastrónomico de Barbanza Arousa na feira B-Travel de Barcelona

20 Marzo 2026

A Deputación da Coruña participa un ano máis en B-Travel, a feira internacional de turismo que se celebra en Barcelona do 20 ao 22 de marzo. Coma en edicións anteriores, a Área de Turismo da institución que dirixe Xosé Regueira levará a este foro a súa aposta polo turismo industrial como un dos “eixes estratéxicos da súa oferta turística”. No marco do espazo B-Industrial, unha área temática especializada en turismo industrial dentro do salón, a Deputación presentará o sábado, día 21, a proposta titulada Historia da conserva na provincia da Coruña, centrada na posta en valor do patrimonio industrial e gastronómico vinculado ao sector conserveiro.

A presentación da Deputación da Coruña afonda na tradición conserveira da provincia, especialmente en territorios como Barbanza Arousa, onde, en palabras de Xosé Regueira, “esta industria contribuíu a conformar a paisaxe, a economía e a identidade social”.

A proposta pon o foco na calidade dos produtos do mar, tanto frescos como en conserva, e na súa vinculación coa cultura local, así como na maridaxe cos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Barbanza e Iria.

Neste sentido, a Deputación dá continuidade á estratexia de promoción do turismo industrial e enogastronómico que levou ás anteriores edicións desta feira; neste caso, impulsando experiencias que permiten coñecer tanto o pasado como o presente da industria conserveira e vitivinícola, a través de visitas a instalacións, degustacións e propostas que conectan o patrimonio co turismo experiencial.

A participación da Deputación neste evento responde ao obxectivo de consolidar o turismo industrial e gastronómico como un dos piares da súa estratexia turística, promovendo a provincia como un destino singular baseado na autenticidade, na identidade propia e na calidade das súas experiencias.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Xuventude e futuro” – José Manuel Pena

“Xuventude e futuro” – José Manuel Pena

A experiencia non sempre é garantía de sabedoría e boa xestión. Proba diso son moitos dos nosos gobernantes que incorren, unha e outra vez, nos mesmos erros e logo quéixanse da herdanza recibida. En política social e económica non todo vale. As receitas non sempre...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.