A Deputación impulsa en Muros un foro sobre mocidade creativa e xeitos de impulsala

23 Marzo 2026

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, presentou este luns 23 de marzo no Museo do Mar de Muros o 2.º Foro de Traballo da Rede Cultural. O evento, centrado na relación entre cultura e mocidade, celebrarase este 26 de marzo ás 16.00 horas no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros. No acto participaron tamén a alcaldesa de Muros, María Lago, e o coordinador das xornadas formativas da Rede Cultural, Roberto Pascual.

Durante a súa intervención, Natividade González destacou que as xornadas da Rede Cultural “son moito máis que un encontro puntual”, xa que funcionan como espazos de traballo “moi pegados á realidade, cun carácter práctico, pero tamén reflexivo”, nos que se combina a formación co intercambio de ideas. A deputada subliñou que estas iniciativas nacen co obxectivo de “mellorar a calidade do servizo cultural público que ofrecemos á cidadanía” e parten da idea de que “a cultura é un traballo compartido”. Amais, incidiu na importancia da implicación de todos os axentes culturais, desde a creación ata a distribución e o propio público, para avanzar nun modelo máis sólido e participativo. Segundo explicou, “o que se procura con estes encontros é seguir fortalecendo un servizo público esencial para a cohesión social, incorporando ademais unha ollada transversal na que a accesibilidade e a inclusión estean sempre presentes”.

A deputada puxo o foco no tema central desta segunda edición do foro, a relación entre a mocidade e a cultura, e convidou a repensar os enfoques actuais. “Falamos moito de que á xente nova lle custa achegarse á cultura, pero quizais o que temos que facer é preguntarnos como nos achegamos nós a elas e a eles”, afirmou.

O foro desenvolverase cunha dinámica participativa conducida por Carlota Mosquera, que converterá a xornada nun parlamento da mocidade no que mozos e mozas poderán expresar ideas, inquedanzas e propostas en diálogo directo con profesionais e institucións.

Pola súa banda, a alcaldesa de Muros, María Lago, agradeceulle á Deputación da Coruña que contase co municipio para acoller esta xornada e salientou a importancia de implicar á xente nova na vida cultural.

A rexedora indicou que “a mocidade é un sector da poboación que moitas veces se nos escapa, por causa de que non se está a contar con ela”, e destacou o traballo realizado desde o Concello e os centros de ensino para dar a coñecer a iniciativa e fomentar a participación. “Agardamos que desta experiencia saia unha programación cultural máis atractiva para a xente moza e, sobre todo, que teña en conta a súa opinión, que sexan eles e elas quen nos axuden a nós a decidir que actividades se poden programar ao longo do ano”, afirmou.

O coordinador das xornadas formativas da Rede Cultural, Roberto Pascual, explicou que este foro está concibido como unha xornada práctica orientada a atender as necesidades dos profesionais do sector, así como cuestións estratéxicas para mellorar o funcionamento da Rede Cultural da Deputación, que dá servizo a 93 concellos e mobiliza máis de dous millóns de euros.

Pascual subliñou que o obxectivo vai máis alá de ofrecer programación, xa que unha Rede Cultural viva debe atender tamén as dinámicas de mediación e os públicos que aínda non se senten interpelados polos espazos culturais. Sobre o encontro de Muros, destacou a vitalidade do movemento asociativo desta localidade e reivindicou o papel da cultura promovida desde os concellos como espazo de socialización e intercambio de experiencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.