A Deputación apoia o Conservatorio de Noia con 25.000 euros

24 Marzo 2026

A deputada de Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Yoya Neira, visitou este martes 24 de marzo o Conservatorio Municipal de Noia xunto ao alcalde, Fran Pérez, nun acto no que puxo en valor o apoio da institución provincial ao funcionamento dos centros de formación musical da provincia.

A Deputación da Coruña vén de conceder ao Concello de Noia unha subvención de 25.000 euros para o funcionamento do seu conservatorio, no marco do programa de subvencións para conservatorios e escolas de música municipais, que este ano destina preto de medio millón de euros ao mantemento de 31 centros de formación musical e de danza na provincia.

Durante a visita, Yoya Neira destacou a importancia destas axudas para garantir o acceso á formación musical en todo o territorio. “Escolas e conservatorios como o de Noia fan un traballo fundamental na formación da mocidade, e desde a Deputación queremos seguir apoiando ese labor, garantindo que existan oportunidades de acceso á formación musical tamén fóra das grandes cidades”, afirmou, poñendo en valor o esforzo dos concellos por manter estes servizos.

Pola súa banda, o alcalde de Noia, Fran Pérez, agradeceu o apoio da Deputación e destacou que esta achega “permite garantir o funcionamento dun servizo moi importante para o municipio e moi querido pola veciñanza”.

Lembrou que o Conservatorio de Noia conta cunha ampla oferta formativa que inclúe disciplinas como trompeta, bombardino, tuba, trombón, saxofón, frauta, clarinete, violín, viola, violonchelo, guitarra e piano, que o sitúan como un referente na formación musical da comarca.

O centro dispón dun equipo docente de 9 profesores e atende a un total de 126 alumnos e alumnas, cun volume de 225 horas semanais de clase, o que evidencia a súa intensa actividade docente e o seu papel fundamental na dinamización cultural do municipio.

A través desta liña de axudas, a Deputación da Coruña destina este ano 473.750 euros ao mantemento de conservatorios, escolas municipais de música e escolas de danza, co obxectivo de apoiar o seu funcionamento ordinario e garantir a continuidade da formación artística en toda a provincia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.