A conselleira do Mar debulla ante as confrarías as medidas autonómicas para recuperar bancos marisqueiros, con 22,7 millóns

24 Marzo 2026


A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse este martes 24 de marzo con representantes das confrarías de pescadores con intereses do marisqueo para explicarlles polo miúdo as medidas de recuperación e rexeneración dos bancos afectados polos temporais das últimas semanas, que mobilizarán un total de 22,7 millóns de euros.

Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Feferación Galega de Confrarías, a titular de Mar trasladou aos representantes do sector que, desta cantidade, 19,2 millóns destinaranse á sinatura de convenios de colaboración coas confrarías e entidades xestoras dos plans de marisqueo. A previsión, dixo, “é que se poidan beneficiar desta medida arredor de 25 confrarías”.

O obxectivo fundamental, sinalou Villaverde, “é afondar na restauración dos hábitats e zonas de produción a través da execución de tarefas como sementeiras, limpezas, acondicionamento do substrato ou control de depredadores polas propias profesionais”.

A conselleira, acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, explicou que estas medidas son “o resultado directo do plan de actuación posto en marcha polo Goberno galego unha vez finalizado o fenómeno meteorolóxico que provocou os acusados episodios de baixa salinidade”. Engadiu que “os traballos de avaliación realizados sobre o terreo polos biólogos de zona das xefaturas territoriais en colaboración coas asistencias técnicas das confrarías permitiron avaliar de xeito obxectivo o grao de mortaldade de bivalvos e fixar as bases desta folla de ruta”.

Apuntou que “a través dos convenios que se asinarán en datas vindeiras garantirase que as persoas vinculadas ás entidades que rexistraron zonas con mortalidade severa ou moderada e que teñan perdas de ingresos poidan recibir unha remuneración para compensalas por este labor de recuperación e rexeneración dos bancos”.

Así, as persoas mariscadoras que realicen as horas máximas de traballo, 48 horas ao mes, percibirán uns 700 euros.

Ademais dos convenios coas confrarías máis afectadas, detallaron o resto das partidas económicas incluídas no plan, como os 1,5 millóns de euros destinados á repoboación de especies e os 2 millóns extra para reforzar proxectos de conservación e restauración da biodiversidade mariña.

De xeito complementario, Marta Villaverde abordou coas federacións as accións xa iniciadas no ámbito social e normativo. Neste sentido, a Consellería do Mar prevé a prórroga dos plans de xestión marisqueira ata o ano 2029 e propoñerá a modificación da normativa estatal para mellorar a protección das mariscadoras a pé.

Na mesma liña, destacouse a solicitude formal enviada ao Goberno central para reclamar a exención das cotas da Seguridade Social para as profesionais afectadas pola suspensión da actividade. Finalmente, a conselleira lembrou ferramentas estratéxicas a medio e longo prazo que xa están en marcha, como o Plan de Acción do Marisqueo 2026-2031, o desenvolvemento do proxecto innovador MaruxIA, o impulso de sistemas de preengorde de semente e a posta en funcionamento do hatchery do Vicedo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.