A Confraría de Pescadores San Telmo (O Son) organiza un curso de mariñeiro pescador

12 Marzo 2026

A Confraría de Pescadores San Telmo organiza coa colaboración do Concello de Porto do Son un curso de mariñeiro pescador.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o vindeiro 20 de marzo nas oficinas da Confraría, en horario de 8.00 a 15.00 horas. Deberán achegar unha copia do DNI en vigor, a solicitude e o poder de representación da Confraría.

Posteriormente, a matrícula formalizarase no período comprendido entre o 23 e o 30 de marzo, previo aboamento da taxa administrativa.

O curso é totalmente gratuíto, agás a taxa de 19,37 euros en concepto de “proba de aptitude para a obtención do certificado de mariñeiro pescador”.

As persoas inscritas deben ter coñecementos en lecto-escritura en galego e castelán para facer o exame.

As persoas admitidas no curso deberán superar a proba de natación obrigatoria, declarando que posúen as condicións físicas óptimas (saber nadar un largo de piscina). Durante a proba é obrigatorio o uso de gorro e chancletas.

A formación está subvencionada ao abeiro dunha axuda para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional, das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector pesqueiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.