A científica María Mayán reivindicou as contribucións das mulleres investigadoras nunha charla-coloquio polo 8M en Porto do Son

21 Marzo 2026

O Concello de Porto do Son acolleu na xornada deste venres 20 de marzo unha emotiva e inspiradora charla-coloquio protagonizada pola prestixiosa científica María Mayán. O acto enmárcase dentro da programación especial de actividades organizadas polo Goberno local con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O encontro, que foi conducido polo alcalde, Luis Oujo, contou tamén coa participación de María José Torres Calo, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Porto do Son, quen acompañou á investigadora nesta xornada de divulgación e concienciación.

Durante a súa intervención, María Mayán incidiu de xeito especial na vital importancia dos cribados para a detección precoz do cancro, así como nos últimos e esperanzadores avances científicos enfocados á busca dunha cura. A investigadora quixo achegar a ciencia á veciñanza, compartindo a súa propia traxectoria e explicando os motivos que a impulsaron a elixir a carreira científica.

No terreo máis persoal, Mayán conectou cos asistentes ao destacar o seu forte arraigo á terra, confesando que sempre que pode volve á súa parroquia de Queiruga para “coller forzas”. A científica pechou a súa quenda da palabra cun sentido repaso polas principais mulleres científicas da historia, reivindicando as súas figuras como unha verdadeira fonte de inspiración para as novas xeracións.

Como colofón a este acto de recoñecemento á figura de Mayán como Refer8mte sonense, o alcalde fíxolle entrega da insignia do Concello, en sinal de orgullo, respecto e agradecemento por levar o nome de Porto do Son na vangarda da investigación científica.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.