“A benvida social”. José Lago Fernández

18 Marzo 2026

Nun dos nosos xornais viña este luns a noticia da “benvida social” para un neno de Ames, do que se di de seguido que foi o primeiro en ter alí un “bautizo civil”.

Xa en canto vin eses termos, comecei a me preguntar: Que é o que lle pode conceder a nosa sociedade a aquel neno que na foto aparece no regazo dunha muller: o ter acceso á gardería? Desde logo, non coido que precisara da benvida do Concello para participar como bebé no xantar que ía seguir a aquel acto social ou para acollelo na gardería: o único que o bebé pode facer na situación en que se atopa é polo momento seguir recibindo o leite materno ou o biberón que lle poidan procurar os que o coidan. No resto, quédanlle moitos anos para poder aportar o seu voto e mais aínda para estar preparado e facer unha oposición para ter en diante un posto de traballo que lle reporte os beneficios necesarios para a vida.

Hai algo que o xornal poñía en titulares, asegundo semella, para que a xente puidera entender de que “benvida social” se trataba. Trátase, tal como se indica de seguido, dun “bautismo civil”, o primeiro do Concello de Ames. Afeito como un está a considerar o bautismo como un dos sacramentos da Igrexa católica, pensei en primeiro lugar no que ese “bautismo” (?) tivera de sacramento, ao ser este “un signo sensible polo que se transmite a graza de Deus”. Tamén pensei no que, desde o punto de vista terreo, pode ser ese “bautismo”: se sería que o Sr. Alcalde o puidera agasallar cun baño nunha bañeira ou con outro tipo de regalos para darlle a benvida.

A palabra “bautismo” ven do grego “baptidso”, que significa “mergullar”. A razón dese nome está en que, nas súas orixes, o bautismo realizábase por inmersión, como fixo Xoán o Bautista con Xesús no río Xordán, e como se facía na Igrexa ao longo de moitos séculos, metendo ao que se bautizaba na piscina bautismal. Queríase dese xeito significar a limpeza interior que acadaba o catecúmeno, simbolizada na acción purificadora da auga sobre o corpo do bautizando. Co paso do tempo, e buscando a sinxeleza, optouse por facer o bautismo por aspersión, botando auga sobre a cabeza do bautizando, mentres se invocaba á Santísima Trindade, en cuxo nome se bautizaba ao catecúmeno, para que pasara a ser membro da Igrexa de Cristo.

Na foto que se nos ofrece dese acontecemento “social”, ademais do Sr. Alcalde, aparecen na sala outras vinte persoas, e mais tres asentos libres. Mirei ben, a ver se había algunha bañeira para o “bautizo”, pero non vin trazas dela… En calquera caso pedinlle a Deus polo neno, e polos seus pais e demais acompañantes, desexándolles que a nosa sociedade lles dea a benvida, de xeito que todos colaboremos na formación dunha comunidade ben levada, que realice o camiño da vida coa esperanza de atopar, mais alá dela, unha felicidade sen fin.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.