A Aula CeMIT de Boiro achega nova formación en tecnoloxías este mes de abril

23 Marzo 2026

A Aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos formativos en novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para este mes de abril. As inscricións para asistir ás sesións deben facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org puntos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Os cursos que se van impartir son Inicio á Informática, do día 7 ao 13 de abril en horario de 10.00 a 12.30 horas; Inicio á Rede Internet (básico) do día 14 ao 21 en horario de 10.00 a 12.30 horas; e Inicio ao correo Gmail do día 22 ao 28 en horario de 10.00 a 12.00 horas.

Ademais, o día 29 de abril terá lugar a Aula CeMIT de Boiro o exame presencial de ComDix intermedio ás 10.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.