A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural reclama medidas urxentes para protexer a Muralla de Aguiño

31 Marzo 2026

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego vén de publicar un contido nas redes sociais no que alerta sobre o estado de abandono no que se atopa a Muralla de Aguiño, a histórica construción de pedra a xunta seca que dá nome a unha praia e unha zona concreta da parroquia de gran importancia paisaxística e ambiental e que, tamén, indican dende a asociación, “forma parte da nosa memoria colectiva, da nosa paisaxe e da nosa identidade como pobo”.

E engaden: “Hoxe ese patrimonio está en perigo real. O abandono, a falta de mantemento e a inacción están a provocar o seu progresivo derrubamento. Cada pedra que cae é unha perda irreparábel”. Para a entidade, “non estamos ante un vestixio desaparecido nin ante un recordo simbólico: estamos ante un ben que aínda pode e debe ser salvado, por iso desde o respecto institucional pero coa máxima firmeza, esiximos ás administracións competentes que actúen de maneira inmediata”.

A asociación lembra que “as leis de protección do patrimonio existen para ser aplicadas, e este é un caso claro no que cómpre exercelas sen máis demora”, e que “a Muralla de Aguiño non pode quedar á mercé do tempo nin da desidia”.

Conclúen sinalando que “protexer, conservar e restaurar é unha obriga legal, pero tamén un deber moral co noso legado e coas xeracións futuras”.

A Muralla de Aguiño é unha construción de gran extensión de pedra sen morteiro (a xunta seca), situada moi preto do mar.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...