A ABE renova o seu convenio de colaboración coa avogada asociada Patricia González Romero

09 Marzo 2026

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) renovou o seu convenio de colaboración con Patricia González Romero, avogada especializada en dereito mercantil, reforzando así o seu compromiso de ofrecer aos asociados apoio profesional de calidade.

Grazas a este acordo, os socios da ABE contan con asesoramento en reclamacións de impagos, contratos mercantís e outras cuestións xurídicas que poidan afectar á súa actividade profesional, así como vantaxes exclusivas e descontos nos servizos prestados, aplicables tamén a cuestións de carácter persoal.

A colaboración inclúe tamén a posibilidade de organizar xornadas informativas e outras accións para acercar o asesoramento legal aos membros da Asociación, contribuíndo ao fortalecemento e desenvolvemento das empresas locais.

“Con esta renovación consolidamos o noso compromiso de ofrecer aos asociados servizos profesionais de alto nivel, que lles permitan xestionar con maior seguridade e confianza os aspectos legais da súa actividade”, sinala Daniel García, presidente da ABE.

“Para min é un pracer continuar colaborando coa ABE, poñendo a disposición dos seus socios a miña experiencia en dereito mercantil e reclamación de impagos, e contribuír así á protección e mellora das súas empresas”, engade Patricia González Romero, avogada colaboradora.

Para máis información sobre os servizos e actividades da ABE, pódese consultar a web abe.gal ou os seus perfís nas redes sociais.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...