Xa podemos consultar as bases (e formalizar a inscrición) do Certame de Carrozas e Disfraces de Rianxo, que vén con máis de 4.000 euros en premios

06 Febreiro 2026

Coa chegada do mes de febreiro vai collendo corpo o Entroido de Rianxo, que terá un dos seus momentos álxidos o domingo 15 de febreiro co Certame de Carrozas e Disfraces en Grupo, en palabras do Concello “unha cita chea de cor, imaxinación e bo humor”, á que está convidada toda a poboación rianxeira. Trátase, segundo informou o Goberno local, “dun evento de carácter popular e participativo” onde “a tradición choqueira, a crítica satírica e a exaltación da festa tradicional serán os elementos clave”.

Serán mobilizados e repartidos máis de 4.000 euros en premios para os mellores disfraces grupais e carrozas. As inscricións xa están abertas.

As persoas interesadas en participar poden consultar as bases no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello de Rianxo e máis na web municipal.

Na modalidade de carrozas, haberá un 1º premio de 900 euros, un 2º de 700 e un 3º de 500. Achegarase unha gratificación por participar de 150 euros.

En disfraces de grupo, os premios serán de 400, 300 e 200 euros, a gratificación de 50.

Para máis información, pódese contactar co Auditorio de Rianxo (luns a venres, de 09:00 a 14:00 h), no teléfono 981 100 688 ou no correo cultura@concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...