Xa está aberto o prazo de inscrición para a XLV Carreira Popular de Pascua 2026

27 Febreiro 2026

O Concello de Padrón abriu o prazo de inscrición para participar na XLV Carreira Popular de Pascua, que se celebrará o sábado 4 de abril e que volverá converter a vila nun punto de encontro para centos de atletas de todas as idades.

A cita, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, mantén como escenario de saída e chegada a praza de Macías.

As probas comezarán ás 10.30 horas e prolongaranse ata o peche de meta, previsto para as 13.30 horas.

A inscrición poderá formalizarse ata o mércores 1 de abril ás 23.59 horas a través da web Deporticket.com. Non se admitirán inscricións fóra de prazo.

Categorías e distancias

A carreira está aberta a atletas federados e non federados, cunha única clasificación conxunta agás nas categorías sub 6 e sub 8, que teñen carácter non competitivo.

As distancias oscilarán entre os 80 metros da categoría sub 6 e os 13,3 quilómetros da proba absoluta, que engloba as categorías sub 20, sub 23, sénior e máster.

O programa horario será o seguinte:

10.30 h: Sub 6 (80 m aprox.)

10.40 h: Sub 8 (425 m aprox.)

10.50 h: Sub 10 (625 m aprox.)

11.05 h: Sub 12 (625 m aprox.)

11.15 h: Sub 14 (2 km aprox.)

11.30 h: Sub 16 e Sub 18 (3,5 km aprox.)

12.00 h: Sub 20, Sub 23, Sénior e Máster (13,3 km aprox.)

A participación será gratuíta para todas as categorías escolares ata sub 18. Na proba absoluta, o custo da inscrición é de 7 euros.

Todos os escolares recibirán unha medalla ao cruzar a liña de meta, mentres que haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría competitiva. A proba absoluta contará ademais cun Trofeo Especial de Pascua para os tres primeiros clasificados.

Tamén se entregarán premios aos tres primeiros equipos clasificados, ao primeiro corredor e corredora local da proba absoluta, ao club con maior número de atletas que finalicen a carreira (Trofeo Participación) e ao participante de maior idade que complete o percorrido (Trofeo Supermáster). Todos os inscritos recibirán un agasallo conmemorativo.

Servizos para os participantes

A organización habilitará recollida de dorsais no Paseo do Espolón a partir das 9.30 horas o mesmo día da carreira. Ademais haberá servizo de gardarroupa, cronometraxe por chip, sinalización quilométrica, avituallamento intermedio e en meta, duchas nos pavillóns municipais do Grupo Escolar e do Souto, servizo médico e ambulancia, así como seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...