Veciñanza de Ribeira mantén a presión na rúa pola Sanidade Pública

26 Febreiro 2026

A mobilización en defensa da Sanidade Pública volveu facerse escoitar este xoves en Ribeira, onde a veciñanza continúa reclamando a cobertura das prazas vacantes nos centros de saúde do municipio, tanto no núcleo urbano como en Aguiño.

Durante a concentración, o portavoz do BNG en Ribeira, Luís Pérez Barral, denunciou que, malia que “a presión social conseguiu que se cubriran parte das prazas”, na actualidade segue faltando unha profesional en Aguiño e tres en Ribeira: un médico de familia, un pediatra e unha matrona.

Barral cualificou a situación de “insostible” e atribuíuna ás políticas sanitarias do Partido Popular na Xunta. Segundo sinalou, entre 2020 e 2025 “deriváronse case 1.700 millóns de euros á sanidade privada, cartos que poderían ter servido para reforzar o persoal e reducir as listas de agarda”.

O portavoz nacionalista criticou tamén o que considera un “desprezo á Atención Primaria” por parte da Consellaría de Sanidade, lembrando que dos 91 MIR que remataron en 2025 a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, o 65 % optaron por marchar. “É o resultado da precariedade e do maltrato continuado aos profesionais”, afirmou.

Así mesmo, recriminou a actitude da señora Sampedro por “priorizar os intereses do PP mentres a veciñanza segue mobilizada para garantir un servizo básico”. Ao seu xuízo, “cando a cidadanía ten que saír á rúa para defender a sanidade pública é porque quen goberna está fallando”.

Desde o BNG quixeron trasladar o seu recoñecemento ás persoas que participan nas concentracións semanais e reiteraron o seu compromiso coa defensa dunha sanidade pública “forte, con persoal suficiente e atención de calidade”. A mobilización continuará mentres non se cubran as prazas pendentes e se garanta unha atención digna para toda a veciñanza.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.