“Un tricornio, un mostacho e unha pistola na man dereita para quedar tirado coma unha cabicha” – Antón Luaces

26 Febreiro 2026

A grandes trazos é o que queda daquel tenente coronel Antonio Tejero que purgou nunha cela galega boa parte da condena de trinta anos de reclusión imposta por un delito de rebelión militar consumado.

Este mércores, con 93 anos ás costas, Tejero Molina -coprotagonista do crebado golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981- era unha outra vez nova, agora polo seu pasamento feito público por un dos fillos do ex garda civil.

Foi Tejero un dos símbolos da ultradereita máis nostálxica do franquismo e o último dos tres principais condenados polo fallido golpe de Estado vivo ata onte após o pasamento dos xenerais Miláns del Bosch (en 1997) e Alfonso Armada (en 2013). 

Aquel 23 de febreiro pola tarde pillóume nunha ortopedia de Catro Camiños (A Coruña) xunto coa miña muller e unha filla á que tiñamos que dotar de suplementos no calzado. Cando chegamos á casa dos meus sogros, Manuel (ribeirense pai da miña dona) veu cara a min co susto reflectido na faciana preguntando se falara coa radio na que daquela eu traballaba. Diante da miña negativa, Manuel foi moi directo: “Chama inmediatamente porque a Garda Civil entrou esta tarde no Congreso dos Deputados e para min que é un golpe de Estado e na radio andan na túa percura para que informes sobre o que ocorre aquí”.

A partir dese intre todo foi unha tolemia informativa: a xente, na rúa, coma sempre. Os bares, coma sempre tamén e cos televisores aos que pouco caso facían os parroquianos. Pero a radio era un constante ir e vir, ao igual que acontecía coa circulación de vehículos militares. Nos edificios da Policía, Garda Civil, Capitanía Xeneral, cuarteis militares, etc., reforzamento da vixilancia. Xa noite pecha, o convencemento de que, efectivamente, era un golpe de Estado. E na radio, todo parecido coa realidade cotiá era pura casualidade: música e máis música cun denominador común. Este era a anormalidade. 

Xa na mencida chegaba un aire de tranquilidade: o facho da Torre de Hércules seguía a marcar o rumbo. O bar do Muro tamén estaba ao seu. Por Prior aparecía unha raiola que semellaba anunciar un bo día para o xa nacente 24 de febreiro. Outra volta ao run run de cada xornada. No Muro recuperábase a actividade e espallábase pola cidade o sentido do café e os churros do Timón e Bonilla.

Aos organizadores do golpe ¿só militar? algo lles proiría. Miláns, Armada e Tejero xa non están, e a historia oficial do que e o por que aínda está por clarexar. Algún día desclasificaranse os documentos que aínda se gardan bajxo sete chaves.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.