Un motorista resultou ferido tras colidir contra un coche en Rianxo

14 Febreiro 2026

Un motorista resultou ferido este mediodía en Rianxo tras colidir contra un coche no quilómetro 9 da estrada AC-305, á altura da parroquia de Asados. Segundo a información facilitada polos servizos de emerxencia, o home chegou a permanecer inconsciente despois do impacto.

Foi evacuado polos servizos sanitarios no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Foi o propio persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que alertou ao 112 Galicia deste accidente, pasadas as 13:20 horas: un coche e unha moto acababan de chocar no quilómetro 9 da AC-305, á altura da parroquia de Asados (Rianxo). Segundo explicaron os alertadores, o motorista permanecía inconsciente.

Nese momento, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaron que estaban a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago, que aterrou no punto e que finalmente trasladaría ao ferido ao hospital.

No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Rianxo e os servizos de mantemento da estrada.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.