ULA Libraría celebra este mes a presentación de “Libros, ideas e contrapoder” e en marzo obradoiros de horta e poda

20 Febreiro 2026

O proxecto ULA Libraría Social, con sede en Outes, celebra o vindeiro venres 27 de febreiro a presentación da publicación Libros, ideas de contrapoder, de 13 Editora. Será o vindeiro venres ás 19.30 horas na Libraría Social e Rural de Outes, no 11 da rúa Capela, na Serra.

Ademais, ULA acolle este vindeiro mes de marzo actividades formativas de horticultura ecolóxica ao servizo da veciñanza. Os obradoiros, que inclúen prácticas de horta e poda e que son de dez horas de duración cada un, desenvolveranse en dúas quendas:

Os talleres de poda os 2, 9, 16 e 23 de marzo de 16:30-19:00

Os talleres de horta os venres 6, 13, 20 e 27 de marzo de 16:30-19:00

Prezo: 50€ cada un dos cursos por persoa.

Inscricións: info@ulalibrariasocial.com ou en tenda física (Rúa da Capela 11, A Serra de Outes).

A persoa encarga de impartir os contidos é Jose, creador de @escolahortaverso un proxecto de hortas ecodidácticas, pedagoxía ambiental e lecer educativo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.