UCIN Boiro reclama máis seguridade ante “a escalada de roubos e violencia”

06 Febreiro 2026

O grupo cidadán UCIN Boiro achegou un comunicado no que expresa a súa preocupación pola “recente vaga de roubos, atracos e actos de violencia en Boiro, unha situación que xera medo entre a veciñanza”.

Miguel Piqueras, coordinador de UCIN Boiro, afirma: “Non se pode aceptar que os nosos veciños non poidan camiñar tranquilos polas rúas”, engadindo que “a Policía Local non ten unha presenza efectiva durante a noite e o alcalde segue sen responder ás alertas da cidadanía”.

Estes feitos, di, poñen de manifesto “a necesidade urxente de reforzar a vixilancia e a prevención”, polo que dende UCIN esixen ao Concello “presenza policial nocturna diaria e visíbel os sete días da semana, medidas preventivas eficaces que protexan aos veciños, aos comercios e aos espazos públicos, coordinación real entre a Policía Local e a Garda Civil para anticiparse aos delitos, e atención inmediata ás alertas da cidadanía”.

Piqueras subliña: “A seguridade non pode limitarse a reaccionar despois dos delitos. Cada veciño merece sentir confianza e protección no seu fogar, nas súas rúas e no seu comercio”.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.