Stop Deshaucios Barbanza alerta dunha familia de Ribeira que podería quedar na rúa este 13 de marzo

25 Febreiro 2026

A Plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de compartir outro caso moi preocupante dunha familia en risco de ser desaloxada do seu fogar e de ficar sen solución habitacional. En concreto, a plataforma indica que se trata “dun núcleo familiar vulnerábel de Ribeira que ten fixado para o 13 de marzo o seu desafiuzamento, por orde da Xulgado Nº1 de Ribeira e a instancias dunha denuncia de execución hipotecaria da entidade financeira galega Abanca”.

E engaden: “Dende a plataforma entendemos que a entidade Abanca debe someterse ao Código de Boas Prácticas así como aos Reais Decretos e demais disposicións legais de aplicación para tratar de negociar un alugueiro social e non deixar na rúa a unha familia, entre eles a unha pensionista con escasos ingresos, que por motivos empresariais e de varios negocios con perdas, e con diversas propiedades embargadas, agora vese en risco de quedar sen a vivenda habitual”.

Desde Stop Desafiuzamentos Barbanza faise un chamamento aos responsábeis de Abanca para que “teñan a necesaria sensibilidade, empatía así como de boa e humana xestión financeira para negociar un alugueiro social e que a familia se poida quedar na vivenda”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.