Rois destina 246.000 euros do POS+ deste ano para executar catro proxectos de obras

06 Febreiro 2026

O pleno da Corporación de Rois aprobou este 5 de febreiro participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos), o POS+ 2026, da Deputación da Coruña, no que lle corresponde unha asignación total de 656.062,91 euros. O punto contou co voto favorábel de PP e BNG e coa abstención do PSdeG.

A proposta do equipo de goberno popular, aprobada pola Corporación, reserva 409.319,78 para gasto corrente, e outros 246.743,13 euros para “a execución de investimentos financeiramente sostíbeis”.

Os proxectos de obras incluídos no POS+ deste ano con o acondicionamento da vía en Vilar de Abade e varios na Casa do Vento (Ermedelo). O terceiro dos proxectos contempla a mellora de accesos ao núcleo de Quintáns e, o cuarto, á primeira fase da pavimentación do núcleo de Socastro.

Adicionalmente, e dentro do Plan complementario, o Concello de Rois inclúe outros tres proxectos de obras cun orzamento total de 244.946,61. En concreto figura a segunda fase da pavimentación de Socastro, o acondicionamento e humanización da praza de Oín e a súa contorna, e o afirmado e acondicionamento da estrada que vai de Penavide a Asneiros.

Aínda que votou a favor “porque as obras son moi necesarias”, o BNG vota en falta unha planificación anticipada para a execución de obras e incluír outros proxectos, como o saneamento. O alcalde, Ramón Tojo, respondeulle se van facendo “pouco a pouco” melloras en pistas nas diferentes aldeas e que os abastecementos e saneamentos “ímolos incluíndo en diferentes plans”, se ben aclarou que Socastro xa conta con saneamento.

O PSdeG optou por absterse porque non participou na elaboración do POS, se ben aclarou que as obras “son moi necesarias”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.