Rois celebra un Entroido multitudinario con máis de 350 participantes no desfile

14 Febreiro 2026

O Entroido de Rois reuniu esta fin de semana a máis de 350 persoas nun colorido desfile que encheu de música, humor e creatividade as rúas do municipio. Comparsas, carrozas, tríos, parellas e participantes individuais competiron por un dos premios ofrecidos polo Concello, que repartiu máis de 2.000 euros entre as distintas categorías.

O desfile, encabezado pola comparsa local O rebaño da Galiña Azul de Rois, contou coa participación de grupos chegados tamén desde concellos veciños como Padrón, Pontecesures, Valga e Porto do Son, que quixeron sumarse á celebración.

A comitiva percorreu o centro de Rois ata o pavillón municipal, onde se celebrou o concurso e a entrega de premios. A xornada festiva concluíu cunha gran merenda popular, organizada coa colaboración das asociacións veciñais e colectivos locais, que convidaron aos asistentes a degustar produtos típicos do Entroido. A música do dúo Stylo puxo o broche final a unha festa marcada pola participación e o bo ambiente.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...