Rois celebra o Día de Rosalía con concertos, visitas guiadas e Caldo de gloria na hostalaría

16 Febreiro 2026

Rois renderá homenaxe a Rosalía de Castro cunha programación cultural e participativa ao longo do mes de febreiro, que terá o seu día grande o luns 23, Día de Rosalía. O Concello convida a veciñanza a celebrar e compartir o legado da poeta a través da música, da lectura e da tradición gastronómica.

Taberna O Pemento

O Caldo de Gloria volverá ser un dos eixes centrais da celebración o luns 23 de febreiro, cando os establecementos hostaleiros de Rois ofrecerán esta receita inspirada no poema Miña casiña, meu lar xunto cun pousavasos conmemorativo de Rosalía. Participan nesta iniciativa Mesón A Casiña, Café-bar A Lúa, Taberna Angueira, Hotel Camiño do Mar, Taberna Casa Benjamín, Casa rural Fogar do Selmo, Café-bar Malecón, Bar Muelle, Bar O Pemento, Club de golf Val de Rois e Taberna Venezuela. No caso do Fogar do Selmo e O Pemento, que permanecen pechados os luns, a degustación trasladarase ao domingo 22 de febreiro, permitindo así que toda a veciñanza poida sumarse a esta homenaxe gastronómica á poeta galega máis universal.

Por outra banda, o Auditorio Municipal de Rois acollerá diversas propostas culturais arredor da figura de Rosalía. O venres 20 de febreiro, A Xanela do Maxín presentará Dende Rosalía ata as cantareiras, e o sábado 21 será a quenda do concerto Cantamos con Rosalía, de Luís Vallecillo. Ambas as dúas actuacións están previstas para as 18.00 horas.

A programación de Rois con Rosalía inclúe unha visita guiada ás camelias da familia Abalo, en Oín, que terá lugar o sábado 28 de febreiro. Esta actividade, que require inscrición previa ata o 25 de febreiro no enderezo inscricions@rois.gal, permitiralles ás persoas participantes descubrir este espazo singular con centos de variedades de camelias.

A Biblioteca Municipal converterase tamén nun lugar de encontro coa autora, cunha exposición das adquisicións bibliográficas dedicadas á escritora e cun pousadoiro temático que estará dispoñíbel desde o 20 de febreiro ata final de mes.

A celebración terá unha forte presenza nas redes sociais. Entre o 20 e o 27 de febreiro, as persoas que publiquen contidos relacionados con Rosalía acompañados dos cancelos #RoisconRosalía e #DíadeRosalía participarán no sorteo de dous lotes de produtos elaborados por AMIPA, cun sorteo en Facebook e outro en Instagram.

Como parte desta homenaxe colectiva, o Concello repartirá cadernos de Rosalía nos establecementos de Rois adheridos á campaña Caldo de Gloria e nas diferentes actividades. Distribuirá tamén manteis conmemorativos nos centros educativos CPI Os Dices-Rois, CPPI O Pumar-Urdilde e A Galiña Azul, así como na asociación AMIPA e no Centro de Día de Urdilde.

O Concello de Rois anima a toda a veciñanza a participar nesta programación para celebrar en comunidade o Día de Rosalía e manter vivo o seu legado literario e cultural. A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e da Casa de Rosalía.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.