Rois abre prazo de matrícula no PAI do 1 oa 20 de marzo

27 Febreiro 2026

O Concello de Rois abrirá do 1 ao 20 de marzo o prazo de matrícula no Punto de Atención á Infancia (PAI), que comezará a funcionar o vindeiro 7 de abril, unha vez rematadas as vacacións de Semana Santa. O novo servizo recibirá ata un máximo de 20 menores de entre 3 meses e 3 anos.

As familias interesadas deberán formalizar a solicitude, tanto para o que resta do curso 2025-2026 como para o 2026-2027, a través da sede electrónica municipal ou de maneira presencial na área de Servizos Sociais ata o 20 de marzo, inclusive. A matrícula será gratuíta, xa que o centro está financiado pola Consellería de Política Social e o propio Concello.

A xestión do PAI correrá a cargo da empresa Aurora, Pilar y Ana SL, adxudicataria do servizo tras o proceso de licitación impulsado polo Concello. A firma conta con experiencia na dirección de centros similares e escolas infantís noutros municipios galegos, e será a encargada de desenvolver o proxecto educativo e da atención directa aos menores.

Fabiola García no PAI de Urdilde con membros do goberno municipal

Preferencia para menores empadroados

Neste primeiro proceso de admisión terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Rois xunto cos seus proxenitores, condición que deberá manterse durante todo o tempo de uso da praza, segundo o regulamento aprobado no pleno da Corporación o pasado 26 de setembro.

O sistema de prioridades establece tres graos:

  • Grao 1: renovación de praza para menores xa matriculados e empadroados en Rois (para o curso 2026-2027).
  • Grao 2: novos ingresos de familias empadroadas no municipio.
  • Grao 3: familias non empadroadas.

O centro reservará ademais unha praza para casos de emerxencia social, que será asignada por recomendación dos Servizos Sociais municipais.

No caso de quedaren vacantes, poderán admitirse solicitudes fóra de prazo. Para reservar praza será necesario que o menor teña cumpridos os tres meses de idade, non admitíndose reservas para crianzas aínda non nadas.

Horario e persoal

O PAI funcionará de setembro a xullo, de luns a venres, en horario de 8.00 a 15.30 horas, agás festivos, e permanecerá pechado no mes de agosto. O servizo contará con comedor e estará atendido por tres profesionais: dúas persoas de atención educativa e unha de apoio.

O regulamento aprobado polo pleno municipal establece as funcións do persoal, a normativa de matrícula e admisión, as normas de alimentación e convivencia, así como os dereitos e obrigas das familias.

Prezo do comedor e bonificacións

A Corporación municipal aprobou tamén a ordenanza que regula o prezo público do comedor, que se fixa segundo o establecido no Decreto 49/2012 da Xunta de Galicia, polo que se determina o réxime de prezos das escolas infantís de 0 a 3 anos.

Para o curso 2025-2026, o custo mensual do comedor oscila entre a gratuidade e os 74,05 euros en función da renda familiar, mentres que o prezo por día solto é de 4,23 euros.

O Concello establece bonificacións do 20% para familias numerosas, monoparentais e para a segunda e sucesivas crianzas dunha mesma unidade familiar. Tamén se contemplan exencións totais para rendas iguais ou inferiores a 7.500 euros anuais a partir do segundo fillo, así como para familias acolledoras con menores baixo medidas administrativas de tutela ou garda.

Coa posta en marcha deste servizo, Rois amplía a súa oferta de conciliación e apoio ás familias, dotando ao municipio dun recurso educativo e social demandado desde hai anos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...