Ribeira inaugura este venres a exposición “Escolma dunha vida” de Maite Bouzo

04 Febreiro 2026

Este venres 6 de febreiro o Centro Cultural Lustres Rivas de Santiago acollerá ás 20.00 horas a inauguración dunha nova exposición de pintura a cargo de Maite Bouzo.

O acto é de entrada libre e de balde e estará presidido pola alcaldesa María Sampedro Fernandez acompañada da Concelleira de Cultura, Ana Barreiro e o programador de exposicións e xestor cultural municipal Unai González.

A exposición estará ata finais de mes e poderá visitarse de luns a venres mañá e tarde e sábados pola mañá de xeito gratuíto.

A exposición Escolma dunha vida, en palabras de Maite Bouzo, “pretende ser unha mostra de pintura que recolle obras realizadas ao longo da miña vida, comprendendo pezas de moitos anos diferentes e incluíndo pinturas antigas dos meus inicios na miña cidade natal de Ourense, outras correspondentes á miña época en Vigo e máis recentemente, as elaboradas aquí nesta fermosa terra nosa de natureza salvaxe e amplos horizontes”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.