Ribeira encherá o mes de marzo de teatro e humor co programa “Marzo do espectáculo”

21 Febreiro 2026

A concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Barreiro, presentou o programa “Marzo do espectáculo” como parte da aposta municipal polo teatro e as artes escénicas. O ciclo reúne un amplo abano de autores e compañías da escena galega, combinando comedia, drama e pezas de retranca.

Funcionamento e acceso

Toda a programación é de balde, con acceso ao auditorio a partir de media hora antes de cada función e ata completar aforo. Os venres ás 21:15 horas estarán reservados para monólogos e contadas de humor, mentres que os sábados ás 20:00 horas se dedicarán ao teatro afeccionado de compañías galegas.

Teatro afeccionado os sábados

O ciclo arrancará o sábado 28 de febreiro co Grupo de Teatro O Pedroso de Narón, en colaboración coa Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, que porá en escena “O mundo ao revés”. Continuará o 7 de marzo coa Asociación Terra de Outes e “Comedia Bífida”, o 14 coa Asociación Charamela de Melide e “E parecía parvo!”, o 21 coa Escola Municipal de Teatro de Narón e “Terapias alternativas” e pechará o 28 de marzo o Grupo Noite Bohemia da Coruña con “Yerma”, de Federico García Lorca.

A programación combina pezas de creación propia, como “Terapias alternativas”, “O mundo ao revés” ou “E parecía parvo!”, con textos de autores consagrados como “Yerma”, de Federico García Lorca, ou “Comedia Bífida”, de Manuel Núñez Singala. Deste xeito, mestúranse comedia de enredo, drama e propostas contemporáneas, dirixidas principalmente ao público adulto.

Monólogos e contadas os venres

No apartado de monólogos, os venres ás 21:15 horas, o ciclo inclúe “Contos colorados”, de Vero Rilo e Ángeles Goás, unha proposta enmarcada nos actos do CIM polo Día da Muller que recupera historias da tradición oral contadas por mulleres do rural con moita retranca, o venres 6 de marzo. O 13 de marzo será a quenda de Leti da Taberna con “Enredada”, o 20 de Avelino González con “Chistes que foron contos” e o 27 de marzo pechará o programa Malala Ricoy con “Sexo seguro”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.