Porto do Son conmemora o 8M cun completo programa de actividades que fomenta o deporte e a igualdade

26 Febreiro 2026

O Concello de Porto do Son presentou este xoves 26 de febreiro unha ampla programación cultural, educativa e deportiva, no marco deste 8M, Día Internacional da Muller. Así, durante todo o mes de marzo levaranse a cabo un compendio de iniciativas en prol da igualdade de oportunidades e do fomento da vida saudábel.

O punto de partida será o 6 de marzo cando darán comezo as xornadas de muller e deporte. Ese venres, 6 de marzo, terá lugar a actividade Aquacircuit & Aquagym masterclass no complexo deportivo da Piscina Municipal e aberto a toda a veciñanza. A partir das 9:45 h poderase realizar aquacircuit e ás 11:00 h, aquagym. As persoas interesadas poderán inscribirse en pisicinaportodoson@gmail.com ou no 604 051 189.

O domingo 8 de marzo continúan as xornadas de muller e deporte coa actividade Crosstraining no Pavillón Polideportivo David Vidal de Portosín e aberto a toda a veciñanza. Haberá unha primeira sesión as 10:30 h e unha segunda ás 11:30 h. As persoas interesadas poderán inscribirse en pisicinaportodoson@gmail.com ou no 604 051 189.

O mesmo día, 8M, celebrarase a charla Xornaleiras e emprendedoras na Galicia marítima de antano no Club de Xubilados de Porto do Son e aberta a toda a veciñanza. Dará comezo ás 12:00 h e contará co relatorio de José Manuel Vázquez Lijó. 

Para o luns, 23 de marzo, levarase a cabo o curso para mulleres Comunicación e manexo do conflito no viveiro de empresas municipal, de 16:00 a 20:00 h. Esta formación vai dirixida a mulleres maiores de 18 anos e poderanse inscribir ata o 6 de marzo a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal. As prazas son limitadas. 

Ademais, durante todo o mes de marzo os centros educativos do municipio participarán na Campaña educativa da Xunta de Galicia de fomento de igualdade coa familia de Os Bolechas, onde serán repartidos cadernos a todos os/as escolares.

Tamén, durante marzo e abril o Concello súmase á campaña da Xunta de Galicia Agresión OFF. Eu digo non á violencia Sexual que está previsto celebrarase no IES Porto do Son e que vai dirixida a todo o alumnado de secundaria e bacherelato. 

Trala presentación do programa, o alcalde Luis Oujo destacou que “confiamos en que esta programación volva a ter unha gran acollida, con actividades que buscan fomentar a reflexión crítica, promover valores de igualdade, respecto e liberdade desde a infancia ata a idade adulta”.

E engadiu: “Animamos a toda a veciñanza a participar, un ano máis, neste completo programa do 8M, co obxectivo de promover a igualdade e un estilo de vida saudable, sen deixar atrás a ninguén e afondando no diálogo e no autocoidado como eixes da igualdade e da visibilidade”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.