Padrón será un dos escenarios do festival galego-portugués Converxencias

16 Febreiro 2026

O Festival Converxencias vai programar ata o 15 de marzo un total de 16 actividades entre Galicia e Portugal que abranguen concertos, teatro, cinema e poesía, entre outras actividades. Así o deu a coñecer este luns 16 de febreiro o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da duodécima edición deste certame impulsada polo seu departamento. Engadiu que as actividades, que xa se levan desenvolvendo desde o pasado 10 de febreiro, celebraranse durante case un mes entre a localidades lusa de Braga e as galegas de Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.

Ao respecto do certame, salientou “o pulo e a relevancia” que o Goberno galego lle concede desde hai doce anos a este festival que “procura achegar o noso idioma a outros territorios de fóra da nosa Comunidade”. Ao respecto, precisou que se encadra “dentro das accións estratéxicas da Xunta a prol do impulso da lingua galega e os vencellos coa lusofonía, ao abeiro da coñecida como a Lei Valentín Paz-Andrade”.

Sobre a programación, Valentín García sinalou como unha das citas máis destacadas o tradicional tributo deste festival a José Afonso e Rosalía de Castro. Nesta edición, actuarán o grupo Canto D’Aquí xunto coa Orquestra Filarmónica de Braga, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de febreiro, nesta mesma cidade lusa.

García tamén puxo en valor “a calidade e relevancia do resto de propostas” da programación. Así, destacou o concerto da cantora galega Uxía, de xira de celebración dos 40 anos de actividade profesional, ou o recital de poesía Gallaecia, que contará coas autoras Cátia Cardoso e Elba Pedrosa.

De igual xeito, subliñou a posta en escena da representación teatral de Agora as vellas e os vellos xa se poden namorar do grupo Pena do Equilibrio, do municipio pontevedrés de Ponteareas, ou a celebración dun ciclo de cinema galego, en Braga, que inclúe a proxección de Deuses de Pedra, de Iván Castiñeiras, e O Corno, de Jaione Camborda.

Culminarán as propostas desta ampla programación os concertos conmemorativos dos 40 anos de Canto D’Aquí, en Ponteareas, e dos 90 do grupo folclórico Dr Gonçalo Sampaio, nunha actuación que terá lugar en Santiago de Compostela, o 15 de marzo.

Toda a programación, datas e localizacións, poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...